Síntomas

Enrique Lista

12,00 €

Sinopse

Síntomas contén fotografías de medicamentos, envases e outros obxectos de uso médico, desbotados ou perdidos. O que serve para aliviar os síntomas dunha doenza pode interpretarse á súa vez como síntoma desa doenza.

As imaxes dan información sobre os distintos tipos e graos de dor padecida polas persoas que habitan a área xeográfica explorada do mostrario, mentres que os textos que as acompañan orientan a interpretación deses síntomas, aínda que cada lectora pode facer o seu diagnóstico.

Todas as fotografías do libro foron tomadas co mesmo teléfono móbil, entre xaneiro de 2017 e xullo de 2018, na cidade da Coruña (excepto a última, tomada en Escras, Malpica de Bergantiños).

Info

Título: Síntomas
Autor: Enrique Lista

Edición: Tono Mejuto
Deseño: Yelena Smith
Revisión lingüística: Sandra Expósito

Imprenta: Gráficas Mera
Edición: 1ª, decembro 2018

Tirada: 500 exemplares

Dimensións: 10,5×18,3cm
Páxinas: 122

ISBN: 978-84-949791-2-5
Depósito Legal: C 2384-2018

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña

Bio

Enrique Lista (Malpica, 1977) é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Ten realizado investigación académica e actividades profesionais nos ámbitos da arte, o deseño gráfico, a fotografía e a xestión cultural. Como artista tivo exposicións individuais na Fundación Luís Seoane, Zona “C”, Galería Adhoc ou Sala Alterarte, e mostras colectivas no MAC, MARCO, Centro Torrente Ballester, CGAC, Centre Civic Sant Andreu, Casa da Parra, Auditorio de Galicia, Fundación Laxeiro e Fotobienal de Vigo. Tanto no ámbito académico como fóra do mesmo, realiza actividades de docencia, talleres e conferencias. Ademais de en catálogos, publicacións colectivas e/ou académicas, o seu traballo ten sido recollido en varias publicacións individuais, entre elas este Síntomas da editorial Estraperlo.