Estraperlo é un gabinete de curiosidades editoriais.
Traficamos con ideas en papel, editando na tradición do libro de bolsillo, pero buscando a singularidade.
Os nosos contidos son diversos e transversais, sempre esquivando as fronteiras, transitando entre a arte e o pensamento.
Só nos impoñemos unha restrición: non publicar libros aburridos.
Estraperlo somos Tono Mejuto e Gonzalo E. Veloso (Dirección Editorial), Enrique Lista (Editor Adxunto), Ana Escariz (Comunicación) e Sara Donoso (Redes).