Presentación en Barcelona da publicación ‘Extraction: The Raft of the Medusa’, a última obra de Salomé Lamas

Salomé Lamas - Photo © Andrea Rodríguez

Salomé Lamas, unha das máximas expoñentes actuais da arte audiovisual lusa e creadora de pezas habitualmente comprometidas, presentou en Barcelona a publicación Extraction: The Raft of the Medusa ao longo de tres días con varias proxeccións e un obradoiro. A Filmoteca de Catalunya e Hamaca acolleron estes eventos.

A publicación ‘Extraction: The Raft of the Medusa’, editada recentemente por Estraperlo Editora, en colaboración con INTERSECCIÓN Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, forma parte da última obra da multipremiada artista que abarca diferentes disciplinas artísticas e, a través deste libro, das curtametraxes e unha instalación realiza unha intensa reflexión social, ético-política e medioambiental en torno ás migracións humanas, ao poder colonial e poscolonial e ao cambio climático.

O martes 18 de febreiro, ás 21:30h tivo lugar na Filmoteca de Catalunya un evento no que a artista, acompañada por Gonzalo E. Veloso, co-director de Estraperlo, presentou o libro así coma as proxeccións da curtametraxe homónima e da longametraxe Terra de Ninguém (2012).

O mércores 19 de febreiro, a actividade comezou en Hamaca, onde Salomé Lamas impartiu o obradoiro “Transacciones, límites e híbridos” , houbo de novo un encontro na Filmoteca, e proxectouse a longametraxe Extinção (2018), seguido dun coloquio onde o público puido compartir impresións coa artista.

Utilizamos cookis para asegurarnos que damos a millor experiencia ó usuario na nosa web. Se segues utilizando este sitio asumiremos que estás dacordo.