O CGAI e NUMAX acolleron as presentacións de Extraction: The Raft of the Medusa en Galicia
- Salomé Lamas - © Andrea Rodríguez
Tras pasar por Barcelona e Madrid, Salomé Lamas presentou a publicación Extraction: The Raft of the Medusa na Coruña e Santiago acompañada por parte do equipo de Estraperlo Editora.
O xoves 5 de marzo, a artista presentou o libro na Coruña xunto ao seu editor, Enrique Lista, na Filmoteca de Galicia (CGAI) xusto antes da proxección da longametraxe Extinçao, dentro do ciclo ‘Olladas de Muller’, organizado polo Consello da Cultura Galega.
Ao día seguiente, o venres 6 de marzo, tocoulle a súa quenda a Santiago de Compostela, onde NUMAX acolleu a presentación de Extraction: The Raft of the Medusa e se proxectou Extinçao de novo en colaboración col Consello da Cultura Galega.
Ambas citas contaron cun coloquio no que o público puido interactuar coa creadora, facendo preguntas e compartindo reflexións.
Salomé Lamas é unha das máximas expoñentes actuais da arte audiovisual lusa e creadora de pezas habitualmente comprometidas. A publicación Extraction: The Raft of the Medusa, editada por Estraperlo Editora, en colaboración con INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, forma parte da súa última obra coa que, a través deste libro, dúas curtametraxes e unha instalación, abarca diferentes disciplinas artísticas e realiza unha intensa reflexión social, ético-política e medioambiental en torno ás migracións humanas, ao poder colonial e poscolonial e ao cambio climático.