Salomé Lamas presentou en ARCOmadrid a publicación Extraction: The Raft of the Medusa editada por Estraperlo en colaboración con INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporánea
- Salomé Lamas - ©
O pasado xoves, 27 de febrero, Salomé Lamas presentou en ARCOmadrid a publicación Extraction: The Raft of the Medusa. Gonzalo E. Veloso, co-director de Estraperlo Editora, tamén estivo presente no evento que tivo lugar na Galería Miguel Nabinho.
A artista é unha das máximas expoñentes actuais da arte audiovisual lusa e creadora de pezas habitualmente comprometidas. Este libro, editado por Estraperlo Editora, en colaboración con INTERSECCIÓN, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, forma parte da súa última obra coa que abarca diferentes disciplinas artísticas e realiza unha intensa reflexión social, ético-política e medioambiental en torno ás migracións humanas, ao poder colonial e poscolonial e ao cambio climático.
Extraction: The Raft of the Medusa componse desta publicación, dúas curtametraxes e unha instalación.